Bonecas asasinas

Resulta verdadeiramente curioso ver como, a medida que medramos e nos alonxamos desa “máxica” etapa que din que é a infancia, a imos (re)construíndo baseándonos en ideas simplistas e edulcoradas, nas que nos reconfortamos fuxindo non sei moi ben de que. Sempre me considerei unha nena feliz, pero mesmo así non podo deixar de fixarme en certos elementos que semellan, alomenos agora, un tanto macabros.
Por exemplo as bonecas de porcelana, cos seus ollos de estupefacción e ese sorriso xélido e de aspecto maligno. Eu nunca gostei deste tipo de bonecas, pero sempre había algún familiar que se empeñaba en agasallarme cunha. Aínda hoxe podo revivir os escofríos que me percorreron ao ver as escenas daquela película na que estas "friends forever" das nenas cobraban vida e se aprovisionaban de coitelos, que lles dobraban o tamaño, para recrear a súa particular matanza de Texas by Famosa.
Porén, todas as bonecas teñen o seu lado escuro se observamos de perto a nosa relación con elas (e a delas con nós), máis aló dos anuncios do kit para ser a nai máis equipada ou a rapaza do colexio con máis cores e cousas brillantes na cara –que ben mirado, xa é tétrico de por si-.
Seguro que non fun a única que se decatou de que a roupa que lles faciamos se suxeitaba e amoldaba á boneca infinitamente mellor enganchándoa con alfinetes ao seu corpo... porque te vas complicar podendo facerlle unha sesión sado. Se algo se pode dicir dos nenos é que son, ante todo, prácticos.
A imaxe do xoguete espido, con multitude de furadiños e algún alfinete incrustado, o pelo cortado dos xeitos máis diversos e, no caso dos meus, os dedos das mans e dos pés roídos por completo, ofrece unha visión realmente difícil de conciliar con esa idea idílica, inocente e pura, que nos empeñamos por ter da infancia.
As miñas bonecas defuntas eran enterradas na viña da aldea, sen ningún tipo de honra fúnebre. Á volta dun ano, cando chegaba a época de sachar a terra, ían reaparecendo como zombis infantís, frecuentemente desmembrados, coas cuncas dos ollos baleiras e unha cor pálida entre branca e verdosa. A min isto, aos dez anos, enchíame de inquedanza e curiosidade.
Aínda non comprendo por que nos negamos a ser sinceros con nós mesmos e, de paso, con eles. E, sobre todo, por que demo @s bonec@s veñen sexualmente mutilad@s se despois o Action Man trae ametralladora e a Barby unha chea de modeliños e descapotable? Supoño que para non ferir sensibilidades...

Etiquetas: frechas ao aire