Verán indio

Os meus pés e a pedra chaman polo sol.
Xa sei que aínda é demasiado cedo para sacar as sandalias do armario ou para desterrar do primeiro estante os xerseis de lá, pero o caso é que estes días xa toco coas dedas, literalmente, o verán. Coma prantas ávidas na procura do sol para desenvolver procesos fotosintéticos, a xente corre cara o campo, os parques, as prazas con escaleiras (que fan as veces de tumbonas) ou, se hai sorte e vives ao lado do mar, a praia.
Sen dúbida dentro dun par de semanas volverá o frío e a choiva que lle dá esa personalidade tan melancólica ao país, porén, estes días temos o noso particular verán indio.
Deste xeito tan exótico é como eu e uns amigos lle chamamos a este brevísimo tempo antes de que primavera ou verán se deixen sentir como realidade e durante o cal, como por maxia, fai un sol radiante e a mesma temperatura cá se estivesemos en xuño. O nome ten unha explicación, claro, aínda que é máis polo bonito que porque realmente teñamos unha argumentación climatolóxica sólida. A historia é que seica, máis ou menos arredor desta época do ano, tamén en Nova York experimentan un cambio meteorolóxico fantástico no que as temperaturas soben incribelmente, até acadar temperaturas tan abafantes coma as se sofren na India durante o verán, e pasado este momento todo se reorganiza e de repente volve nevar.
Aínda que ese fenónemo sexa moito máis radical cá aquí o nome é tan chulo que o adoptamos e todos os anos agardamos, embozados nos abrigos e as bufandas, a que chegue este verán indio que é como un adianto do outro e que carga as pilas para ir tirando mentres non chega o de verdade.
Ben, agora espero que mañá non se me poña a chover a chuzos e me fastidie o post ;)

Etiquetas: frechas ao aire