09 abril 2007

Memorias dunha nena católica II

Como xa contaba no post anterior a miña memoria aínda retén, en contra da miña vontade, moitas das frases que che obrigaban a memorizar na catequese. A aprendizaxe levábase a cabo de tal xeito que non conseguiras desengancharte nunca do que che inoculaban no cerebro mentres te tiñan nas súas mans.

O libro do catecismo pretendía ser, sobre todo, útil e por iso viña cargadiño de preguntas que calquera nen@ cristiá se fai, e que máis tarde se ten que aprender de memoria porque se non non fai a puta comunión, aínda que Arale conseguira escaquearse :)

Algunhas das máis interesantes que un ou unha se pode facer na súa infantil inxenuidade son estas:

-¿Que quiere decir “descendió a los infiernos”?¿Que quiere decir “la resurrección de los muertos”? (porque parece o título dunha peli de zombies)
-¿Puede equivocarse el Papa? (non sei, se cadra no contexto dun réxime nacionalsocialista ou cando se encabezonaron con que a terra era plana e intentaron cargarse a Galileo...)
-¿Quien oye Misa entera? (pois nin dios! Porque desconectas, até as vellas beatas desconectan)
-¿Por qué debemos amar también a nuestros enemigos? (porque iso tamén dá moito gusto e non hai que ter prexuizos cara o sadomasoquismo)
-¿Es pecado no tener ninguna religión?(aí é onde o bo cristián aprende que o que máis ten que odiar e temer non é o Demo senón os ateos)
-¿Como es Dios? (a xulgar polos mandamentos e demais... un ghuerguista)
-¿Como se quita el pecado original? (supostamente o pecado orixinal quítase co bautismo pero, e o bautismo como carallo se quita?)

O problema é que, así e todo, as respostas non che dicían grande cousa e quedabas como estabas, ou as contestacións contradicían o que despois che viña a dicir a propia experiencia.

O máis tormentoso era a cuestión dos pecados, pensar que ao menor tropezo acababas queimadiñ@ no inferno, porque aínda que agora falen de metáforas, unha nena non entendería outras cousas pero tiña unha imaxe do inferno moi vívida. E había algúns puntos que cada vez se facían máis conflitivos:

“Dios nos ha dado nuestro cuerpo y quiere que lo tratemos con respeto (y no hagamos cosas sucias con él)” Respeto? Cosas sucias? A clave para non facer guarradas desas que teñen que ver co sexo (porque debe de refererirse a iso) son “la modestia y la huida de las ocasiones peligrosas, como conversaciones, miradas, lecturas, modas, bailes y espectáculos deshonestos”. Contade con que a internet tamén vai na lista.

Porén “Los pensamientos y deseos impuros son pecado cuando la voluntad se complace en ellos, pero no son pecado si la voluntad no los consiente y procura rechazarlos.” Que vén a significar: duchas de auga fría. E se te compraces só un pouquiño e despois os rexeitas? Unha sempre intentaba negociar, na súa cabeza, dende logo non llo dicías ao confesor, non fora que o que se compracera fose el.

Aquí tod@s pensamos algunha vez: que tipo de orxías e diversións hai no ceo que che compensen o que te vas aburrir aquí? E se o ceo é como din: “el gozo infinito de estar ante la presencia de Dios”, xa pode estar cachondo cachondo.

Etiquetas: ,