Mimándose
Parece que as performers da body art das que falei non tiveron moito éxito :) E non podo dicir que me estrañe porque Abramovich, Pane ou Orlan (aínda que hai moitas -e moitos- máis) fan un tipo de arte bastante peculiar que, ademais de grima, suscita polémica. A cuestión de até onde chegan os límites na arte daba para un debate interminábel e o das autoagresións en concreto, para outro tanto.Falaba no post anterior de que a intención destas artistas era, en parte, reapropiarse do corpo para empregalo como instrumento de comunicación e como metáfora para a denuncia social, arredor da que xiraba a súa obra. Se cadra non acaban de consiguir que esa mensaxe chegue así a todo o público.
Pero ben, aínda que goste, tampouco creo que ese sexa o único xeito de reivindicar a liberdade da muller nin de facer un uso reivindicativo do corpo. Probabelmente sexa o máis impactante pero non o máis efectivo. Dentro desa mesma categoría da arte do corpo existen outras maneiras moito máis pracenteiras e igualmente transgresoras de chamar a atención sobre determinados temas .
Este é o caso da obra da vienesa Elke Krystufek, que xira arredor do corpo feminino e trata, entre outros temas, a sexualidade e o desexo dende unha postura narcisista e sen complexos. Unha das súas performances máis curiosas foi a que desenvolveu nunha exposición de 1994, onde, despois de medio espirse, se masturbou diante do público asistente.
O escenario era do máis cotiá, a decoración típica dun baño, e a imaxe non presentaba máis construción que a ela mesma tocándose e usando un vibrador. Gostaría de ver a cara de xente ante aquilo, @s que fuxían escandalizad@s e @s que ficaban mirando embobad@s.
A idea de Krystufek é precisamente esa última, xogar coa mirada do espectador, do voyeur, de maneira que a persoa que mira e te conceptualiza como obxecto de desexo aquí pasa a ser usada para a excitación da artista que, sen ningún tipo de pudor, se mima como se estivese no baño da súa casa.
Creo que podemos dicir que sexualidade da muller non existía até hai nada (refírome á súa explicitación na esfera social), todo o seu desexo era canalizado e sometido polo papel de amante esposa, de xeito que dentro do sexo só cabía o seu rol como axente pasivo. E esa pasividade enchóupao todo, aínda hoxe; a imaxe da muller no cinema, na pintura, nos videoxogos, na literatura, etc. segue a ser presentada como obxecto e non como suxeito.
No que se refire ao sexo, somos as que excitamos, as desexadas, as posuídas, pero é moi difícil atopar unha representación do desexo feminino como fin en si mesmo (e non como reclamo para o home) e unha postura activa e "egoista" da muller neses xogos de desexo e sexo.
De feito, aínda que a situación mellorase e nos pareza que estamos super liberadas (con series do tipo de Sexo en Nova Yorke...) o caso é que aínda hai moitos temas que son tabú, moitos prexuízos e cousas que aínda nos segue costando facer ou recoñecer. A ver cantas mulleres atopades que digan abertamente que se masturban, e comparade iso cos alardes masculinos :)
Elke Krystufek xoga e subvirte a imaxe da muller obxecto, da muller sexy, úsaa para o seu propio pracer (o pracer da muller) e mestura a esfera do privado e do público para provocar e romper con eses tabús, para anular a normativa social imposta sobre o sexo e, sobre todo, sobre a sexualidade feminina.
Despois da dura sesión de autoerotismo e voyeurismo reinventado, Krystufek deuse un baño relaxante, e cando rematou por completo a performace a súa nai felicitouna polo seu traballo artístico. Así dá gusto :D
E para acabar, o lema desta artista: "Creo que a arte é coma un orgasmo. Se fora unicamente sexo aburrido, non o faría."