Sempre neghativo... nunca positivo

Meme!! aí o vai! a miña contestación para Mario, que nos insta a prepararnos de cara á debacle que tantas veces vimos tan cerca no cinema (made in USA). Resulta difícil pensar en como é iso de morrer, sobre todo porque sempre o comparan con durmir, e tendo en conta todo o que soño cando durmo e o vívido que é non me parece en absoluto o "descanso eterno" prometido. Pero ben, se non doe xa non pido máis, se morrer é a ausencia de todo tampouco vas estar despois para sentilo, así que qué máis dá. Para os momentos inmediatamente antes:
1) Que canción che gustaría escoitar?
Pois penso que o xusto sería que fose Do The Evolution de Pearl Jam, e as nosas autoridades deberan poñer unha mega pantalla que pasara tamén o vídeo. "Porque nosotros lo valemos", sobre todo se pasase grazas ó colisionador de hadróns, que xa sería a rehostia que fose verdade todo iso que che mete na cabeza a Igrexa de que o coñecemento é perigoso e que ás veces é mellor ter fé e non saber.
2) A que libro lle botarías un ollo?
Bufff! de verdade que non ía estar eu para libros nen nada cultural. Pero se se trata de escoller un e como iso sempre é difícil, o primeiro que se me vén agora á cabeza pensando no Momento: calquera de William Blake.
3) Con quen che gustaría falar?
Coas persoas que quero e comparto a miña vida (super orixinal, seino) para dicirlles que foi bonito telas aí mentre durou e porque, a pesar de todo, seguro que atopan algunha razón científica que me explique o Momento final e algunha motivación transcendente para axudarme a pasalo.
4) Que che gustaría comer?
Esta parece feita pola miña nai, que me perseguiría até o fin do mundo intentando que engordase para verme cunhas abondosas meixelas e unha pernas coma as das mulleres de verdade.
Encólleseme os estómago cando estou nerviosa, así que sería un castigo engadido ter que pensar en comida. Pero ben, se se pide agora, por adiantado, por se nos dá un ataque de gula: trufas de chocolate ou xeado de avelá :p
5) Que farías e que che queda pendente por facer?
Daríame rabia ter deixado de facer as cousas que non fixen ou non fago por medo, como puenting ou paracaidismo, "merda! tanta precaución para que despois pase isto!!" pero presenciar a fin do mundo podería pasar como "caída ao baleiro", coa mesma sensación de vertixe.
Quedaríanme infinitas cousas por facer... Son moi dada a facer listas para case todo, se son interminabeis cando se trata de "cousas pendentes para a fin de semana", qué non vos direi pensando na fin do mundo... non vos vou facer pasar por iso ;D

Etiquetas: cadeas, frechas ao aire