Un punto e aparte

É unha constante na que nos empeñamos a maioría, aproveitar o impás que supón o cambio de ano para tomalo todo con máis calma ou con máis enerxía ou con máis algo, o caso é encherse de boas intencións e volver á rutina sen deprimirnos demasiado despois dos festivos e das comelladas.
Dende nena sempre tiven moita teima con iso dos puntos e aparte, das oportunidades que nos damos a nós mesm@s para comezar de novo despois de facer autocrítica.
Supoño que o feito de poñer unha data nos axuda a darlle firmeza á nosa vontade, trátase de fixar unha marca no punto xusto no que comezamos a ser outr@s, suponse que mellores.
A verdade é que durante moito tempo empecei de novo a conta case todos os luns, algo bastante absurdo porque entre borrón e borrón o único que facía era estresarme.
En fin... que co tempo acabei por pensar que era mellor non borrar nada e ir refacendo sobre a marcha, ser martirizarme por pasarme polo forro os bos propósitos aos tres días de facermos e intentando volver a poñerme con eles sen necesidade de que fose o primeiro día da semana ou do mes. Así que me estou dando novas oportunidades a todas horas.
Feliz comezo a tod@s, sexa para mudar as pequenas cousiñas das que non gostades ou para seguir sendo así de estupend@s ;D
Etiquetas: frechas ao aire

