Xogamos?
Seguindo co dos xoguetes, atopei unha noticia divertida relacionada co tema nesta páxina sobre feminismo na rede. Nela fálase de RTMark, un colectivo que se adica a alterar a información dos produtos de determinadas empresas coa fin de “mellorar a cultura”. O seu funcionamento podería ser definido como o dun hacker que boicotea o sistema estabelecido para evidenciar e denunciar as súas eivas.
Unha das accións máis famosas que levaron a cabo foi unha operación de boicot a este sistema de xoguetes que seguen inistindo nos roles de xénero máis tradicionais.
O primeiro paso da misión pasaba por secuestar un número considerábel de homiños afoutos de plástico (neste caso unha chea de GI Joe) e de mozas esveltas e estupendísimas, sempre á moda (replicantes de Barbie, como non) que ademais fosen dese modelo super evoluído que lle permite dicir catro frases coas que intercambian intereses e empatizan cos nenos e coas nenas.
O segundo paso consistía en levar a cabo un Cambio Radical de personalidade nunha delicada operación na que se lles intercambiaban as caixas de voz a uns e outras. Tras un breve periodo no que Barbies e Gi Joes se acostumaron ás súas novas voces e desexos foron introducidos en tendas de xoguetes de Estados Unidos, xusto na tempada de nadal.
A voz de Barbie volvérase máis grave e por fin podía canalizar toda a súa agresividade reprimida durante anos berrando “Traga chumbo” e o forte Gi Jou inistía ilusionado“planeemos a voda dos nosos soños”.
Todo este plan foi posíbel grazas a invesión que fixo nela a Barbie Liberation Organisation, que pagou 8000 $ para o seu desenvolvemento.
Parece que hai que ter moitas ganas e sobre todo cartos para poñerse a facer algo así pero a verdade é que, saltándonos o da desilusión d@s nen@s ao apretar os botón, como acción boicot non ten prezo, case sinto remorsos polo sorriso maléfico que se me pon imaxinando a situación >: )
Etiquetas: feminismo


