Dardos (ou frechas, se se quere)
Para a miña sorpresa :O e deleite, chégame este premio que anda a rolar por aí de man de Estrela Padeira, a quen tanta lei lle teño (e polo que a ilusión de que te premien é aínda maior).Os requisitos agora son linkar o blogue que cho dá, mostrar a imaxe do premio e elexir tres blogues aos que darlle o premio. Como non quero repetirme moito e hai algúns blogues da miña devoción que xa o teñen vou intentar tamén non repetirme :)
-Ao blogue máis riquiño do mundo mundial: o bló de L&M porque me encanta ler as peripecias d*s protagonistas e estou sempre devecendo por que saquen o post seguinte. Sen dúbida os mundos enormemente diferentes e imaxinativos que ás veces se abren nel son a mostra de que tanto Mati como Laura, a nena que quería ser azul, teñen un enoooorme potencial artístico.
-Ao blogue máis friki da redonda: o do Pastor Eléctrico, porque cada post me descobre cousas novas e super raras, que non sei de onde saca pero que sempre me sorprenden e culturalizan, a min que son unha ignorante total nestes temas eléctricos.
-Á contramirada que máis curiosidade me suscita: Mi feminismo y otras alteridades porque trata temas que aínda hoxe son pouco coñecidos e abre un espazo para a reflexión moi interesante.
Etiquetas: cadeas, frechas ao aire


