Solidariedade con Palestina

Se para algo sirve a memoria histórica é para ter moi presente os erros do pasado e, xa que moitos deles non se poden emendar, seguir o razonábel camiño de evitar que se repitan. O máis ferinte da situación que vive o pobo palestino (hoxe, e dende hai décadas), ademais da insultate desproporción de forzas con respecto ao estado de Israel, é precisamente a lembranza do que se considerou unha das maiores masacres do século XX, ver que o horror se abre paso de novo, co coñecemento e a pasividade da comunidade internacional.
Si, despois de Auschwitz, a poesía podería ter calado de pura vergoña, calquera cousa parece frívola ao lado do número de civís asasinad*s, pero a arte e a poesía tamén sirven para falar do horror e da dor, aínda que sexa o triste consolo de non permanecer calad*s. Este é un fragmento do poema "Camiñantes entre as palabras pasaxeiras", do poeta palestino falecido hai uns meses Mahmud Darwish
"Vós que pasades entre as palabras pasaxeiras
vós fornecéde-la espada, nós fornecémo-lo sangue
vós fornecéde-lo aceiro e o fogo, nós fornecémo-la carne
vós fornecedes outro carro, nós fornecémo-las pedras
vós fornecede-la bomba lacrimóxena, nós fornecémo-la choiva
Pero o ceo e mailo aire
son os mesmos para vós e para nós
Daquela collede a vosa parte do noso sangue, e marchade
ide xantar, festexar e bailar, logo marchade
Para nós coida-las rosas dos mártires
e vivir do xeito que queremos"
Non sei se realmente pode servir para algo pero alomenos é outro xeito de non ficar en silencio:
-Sábado 10 ás 20:30 hs. Xornada Nacional de Mobilización por Palestina nas principais cidades e vilas galegas convocada pola asociación Galiza por Palestina; en Compostela será na praza do Toural.
-E o domingo 18 haberá unha Marcha Nacional en Compostela ás 12hs. con saída na Alameda.
Etiquetas: política, resistencia

