13 julho 2007

De todas as formas

Isto daría para falar de mil cousas, de por qué o movemento femista é tan heteroxéneo, por qué a día de hoxe é máis correcto falar de "feminismos" cá de "feminismo", como se afronta en cada lugar do planeta a loita feminista... Pero o que gostaría de remarcar é o feito de que a loita feminista nos incumbe a tod@s, que non é só unha cousa de mulleres nin se trata unicamente de facer que nosoutras deixemos de estar oprimidas.

O sistema patriarcal estabelece unha orde social xerarquizada na que controla aos individuos a través de estereotipos reducionistas que nos oprimen, estes impiden que tanto mulleres coma homes desenvolvan por completo o seu potencial en todos os aspectos da vida (profesional, afectivos, etc.). Deste xeito, ela é relegada ao ámbito do privado, ao afectivo como obriga, e excluída do público, do profesional e do recoñecemento social que proporciona, e a el négaselle o o plano sentimental, as emoción que se identifican coa febleza e vese no trance de ter que desempeñar o papel do perfecto macho, que a pesar de ofrecer moitas compensacións non é algo no que todos os homes se sinten ben.

Mentre a orde das cousas siga sendo a que é non poderemos falar de escolla libre é pura ficción, todo o que somos contrúese sobre iso, aínda non querendo nós. E cantos máis sexamos a empurar, cada quen dende a súa diversidade, máis posibilidades haberá de que caia.

Etiquetas: ,