Baskman
Ilegalizan partidos políticos, prohiben manifestacións, deteñen a dirixentes e militantes da esquerda independentista e opóñense rotundamente a unha consulta popular... Eu non podo deixar de pensar que é o medo ás ideas e ás decisións que poida tomar o pobo o que move esas mans e non unha suposta defensa da "democracia".
Sen quitarlle a importancia que o tema ten, non sei se ás veces o humor pode servir para sobrelevalo, aínda que o panorama que se presenta sexa como para que se che conxele o sorriso.

Ben, nós temos a Centolomán!! e que conste que eu non dubido do seu inmenso poder pero hai que recoñecer que cando falamos de sentido épico aos bascos non hai quen lles gañe.
Aquí tedes a páxina dos diseñadores, para que curioseedes.
Etiquetas: política, resistencia

