De arte e xénero
Ás veces pasa que hai un tema que te obsesiona, que se che pega ao pesamento e que persegues pola internet ou nesa libraría ben surtida, con seccións temáticas e unha chea de pisos. Pasa tamén que sintes que o seguemento se produce nas dúas direccións e dito tema aparece numerosas veces onde antes non atoparas nada relacionado con iso, se cadra por despiste.Funciona por tempadas e e ultimamente a min pásame co d@s performers feministas; xa comentei nalgún post que me tiñan fascinada, non sei, chamádelle morbo ou curiosidade por algo que aquí non se leva, pero o caso é que foi unha descuberta que me deu moito no que pensar.
Pois resulta que no CGAC de Compostela teñen até o 9 de novembro unha exposición que leva por título A batalla dos xéneros e que recolle unha representación do traballo de moit@s artistas durante a década dos 70 relacionada co feminismo, no que tamén hai documentación sobre varias performances.
Teño que dicir que se non gostei de algo foi do título, que me parece que cae nesa idea equivocada de que se trata dunha loita entre homes e mulleres; supoño que esa non era a intención dos organizadores, que de sobra saberán do que falan, e o certo é que o título chama a atención.
A exposición é interesantísima, sobre todo porque intenta dar unha visión plural e ampla (dentro das posibilidades, supoño) do que se estaba facendo nese momento no mundo da arte en conxunción co movemento feminista. Poden verse algo do traballo de nomes míticos como Gina Pane, Marina Abramovic ou VALIE EXPORT e moit@s outr@s que alomenos eu non coñecía e que me impresionaros moitísimo, curiosamente impactáronme sobre todo algún dos rapaces (Urs Lüthi e Jürgen Klauke).
Os temas son variadísimos e as perspectivas e formas de tratalos aínda máis, vese o protagonismo do corpo e o empeño por causar emocións no espectador, son destas cousas das que podes gostar ou non pero que nunca te deixan indiferente -e non necesariamente porque dean grima, tamén hai desas pero non son as máis ;) - Ademais da exposición, a semana pasada celebráronse uns seminarios con conferencias, mesas redondas e proxeccións de videos que esta semana volven pasar, tedes aquí horarios, títulos e demais información.
Independentemente das miñas filias ;p a cousa é realmente interesante, unha boa mostra de como a arte tamén pode ser un xeito de subversión.