Pobre mundo rico
E empeza a representación dunha pequena obra que con humor denuncia o salvaxismo do capitalismo e a opresión que sofren os paises do chamado Terceiro Mundo. Sucédense pequenos fragmentos que falan dalgúns dos problemas: a guerra das patentes de medicamentos, a débeda esterna dos paises pobres, a situación de dobre desfavorecemento na que sempre se ven as mulleres nestes contextos de pobreza, etc. E elas invítannos a imaxinar que outro mundo é posíbel.
A reprentación deste grupo teatral do Brasil chamado “Loucas de Pedra Lilás" insírese nas distintas actividades vinculadas ao Simposio Internacional sobre a pobreza e a desigualdade no mundo, que se celebra entre o 2 de outubro e o 29 de novembro por toda Galiza: conferencias, mesas redondas e documentais en Lugo, Ourense, Ferrol, A Coruña, Compostela, Pontevedra e Vigo. Aquí tedes moooita información :)
Son esas cousas: escoitar música ao aproximarse ao casco vello, ver como a xente improvisa na dirección do seu camiño e senta na herba, no chan ou fica de pé, engaiolado. E ti tamén ficas porque iso vai ser o que faga que a mañá tome outra dimensión.
Sabes ben que o mundo segue sendo o mesmo de hai media hora, que todo vai igual de mal e que isto tan bonito que acabas de ver non vai cambiar as condicións de miseria nas que vive máis da metade da poboación mundial. Pero tampouco podes evitar emocionarte cando a xente nova que se arremuiñou no parque aplaude ao ver que o capitalista malvado se convirte en bo por obra dunha medicina máxica ou cando o novo tribunal da Haya anula a débeda dos paises pobres e denuncia ao banco mundial... Ben, seguro que outro mundo é posíbel, se cadra tan só en soños, aínda así quédome co seu berro:
"A nosa boca é fundamental contra os fundamentalismos!!"
Etiquetas: anticapitalismo

